Disionario Morraçense
Compendio de frases, palabras, expresións… algunhas xa perdidas, que se falaban na zona do Morrazo e as Rías Baixas de Galicia. Adicado as nosas avoas, que tanto fixeron por nós, como transmitirnos todo este coñecemento milenario.
Para respetar a maneira na que nos transmitiron esta fala, usaremos sempre a gheada e o seseo, representada con |gh| e |s| respectivamente, como fala propia da zona do Morrazo e arredores.
A
Saltar un muro ou calquera construcción con entidade. Non confundir con atracar certa entidade financeira de dudosa reputación por culpa de certas «preferentes».
Sinónimos: Ghabear
Non xoghar unha carta alta no xogho do subastado co fin de ghoderlle o tres aos rivais ou non permitirlle «faser brasa» (terminar rápido a partida).
Sinónimos: Ghabear
Def 1. Verte un determinado contido nun cecipiente.
Def 2. Façer o amagho de comer a alguén cando se está moi cabreado.
Mala herba característica das veighas que canto máis arrincas, máis ven.
Sinónimos: xunxa, xuxo
Filloas das máis pobres que podes atopar. So levan leite e fariña.
Cando un ten moitas ghanas de algho e roubaslle ao que o ten.
Sinónimos: Aghodisar (en Moaña)
A punta do trombo. De aquí ven a palabra “aghusaso”, a típica ferida punzante cun cravo, punta do trompo, etc.
Propiedade que teñen os viños que non son “do país”, é dicir, viños sofisticados. Un viño amargho indica que é propio de señoritos e ghodechinchos.
Andar tristón, decaido e baixo de moral.
Ferramenta que se empregaba para recoller o esterco das bestas ou o estrume para façerlles a cama.
Obxecto que se colocaba nos lombos dos burros ou bos que servía para o acumulado de distintas mercadorías tales como abono, herba, sobrantes da túa obra ileghal para verter despois no monte… etc.
Término morraçense e mariñeiro para referirnos ás agullas en conserva
Sinónimos: Pataghullos (en Cangas e zonas de Moaña)
Unha persoa que anda despistada e sen atender ao seu.
Ese cheiro tan forte que se che mete no fondo e non hai Dios que o saque. “O bacallau ese que trouxeches cheira que apetrena”.
Un eructo, pero sen finura.
Desvarío, tolemia momentanea.
Consumidor da “astuçia”, tamén coñeçida como coca, farlopa ou fariña.
Palabra comodín cando non che sae a palabra que buscas.
O seguinte paso a estar cansado.